Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1393
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado De culto
Autor/a Escola de Iaroslavl
Título Bautismo de Cristo e tres escenas máis
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira Marrón [Madeira de bidueiro ou tileiro.
Ten dúas travesas horizontais (cun grosor de 1,4 cm), e outras dúas internas tamén horizontais.]
Elementos sustentados: Témpera [Cores: verde, azul, vermello, ocre, castaño e branco]
Ouro Dourado
Técnica Pintura a man alzada
Dourado
Pintura á témpera
Dimensiones Icona: Altura = 53,60 cm; Profundidade = 5,50 cm; Anchura = 43,60 cm
Descripción Icona rectangular con catro escenas rodeadas por un fondo ocre cun dobre filete verde e vermello no bordo externo. Na parte superior hai unha inscrición pintada a man alzada con carácteres cirílicos en cor vermella. As escenas están enmarcadas e separadas por liñas pintadas de cor vermella que forman unha cuadrícula. Todas as escenas teñen o fondo de pan de ouro.
Na escena superior esquerda represéntase o Bautismo de Cristo. Este encóntrase no eixe da composición cuberto cun pano de pureza curto e branco e cun nimbo na cabeza. Á esquerda está san Xoán Bautista, vestido con túnica ocre e manto azul, que verte a auga sobre a cabeza de Xesús. Á dereita hai tres anxos, dous deles con nimbo. Ao redor unha paisaxe rochosa e dúas nubes.
A segunda escena é a Presentación da Virxe no Templo. Desenvólvese nun interior arquitectónico con arco de medio punto. Á esquerda están san Xoaquín e santa Ana, no centro a Virxe, de tamaño menor, e á dereita o sacerdote ante un baldaquino con cortinaxe verde. A excepción do sacerdote, todos visten túnica longa azul e manto vermello. O sacerdote leva vestidura branca longa e sobre ela unha túnica curta con orlas no baixo e nas mangas, axustada cun cinto, cun manto vermello e un toucado. Está a sinalar co índice dereito a María. Todos os personaxes levan nimbo.
A escena inferior esquerda representa a Virxe dos Aflixidos no centro, rodeada dunha mandorla e sobre unha dobre peana ovoide branca e vermella. Leva cetro na man dereita e ao seu fillo no ombro esquerdo. Ambos os dous están coroados e nimbados. A Virxe está ataviada cunha túnica e unha sobre-túnica azul brocada e con adornos dourados, cun manto e zapatos vermellos. Á esquerda aparecen un anxo con nimbo e dous homes axeonllados, e á dereita outro anxo con nimbos e tres homes. Aos lados da Virxe hai senllas lendas brancas con inscricións pintadas en negro.
A última escena representa aos santos Antipas (vestido coma bispo) e Irina. Ambos os dous levan túnica longa azul e manto vermello. San Antipas leva o libro (Evanxeo) na man esquerda e ten a outra en actitude de bendicir. Santa Irina leva coroa e unha cruz dobre na man esquerda.
Iconografia Icona: Bautismo de Cristo; Presentación da Virxe; San Antipas de Pérgamo; Virxe dos Aflixidos; Santa Irene ou Irina de Tesalónica
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, parte superior e sobre as escenas, Pintado a man alzada
(1750[ca]-1799[ca])
[Abreviaturas e inscricións en cor vermella]
Datación 1750[ca]-1799[ca] (Segunda metade do s. XVIII)
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Lugar de Producción/Ceca Europa Central e Oriental (Europa)
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Europa Central e Oriental
Lugar de Procedencia Estonia
Lugar Específico/Yacimiento Tallin
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, (do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Polas dimensións, posiblemente esta icona poida ser das destinadas ao culto xa que estas tendían a ser de maior tamaño. Situábanse ao lado dos iconostasios ou na parte interior da entrada das igrexas. A partir do século XVII era frecuente introducilas en caixas de madeira e protexelas do fume dos cirios por un cristal.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 02/06/2014
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6